Taller Socioeducativo TEA
O Concello de Oroso organiza un taller destinado ás familias con nenas, nenos e adolescentes con TEA (Trastorno do Espectro Autista).
Aprenderás ferramentas prácticas para a xestión emocional e o fomento da autonomía.
O taller terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa durante o venres 11 de abril ás 17:00 horas.
As inscricións pódense realizar a través do correo rocio.nunez@oroso.es
Máis información no teléfono 981 688 950













