Localización: Auditorio Municipal de Oroso
II Maratón Teatral Concello de Oroso
O Concello de Oroso e a compañaía Galeatro en colaboración coa ANPA Carboeiro, organizan o II Maratón Teatral do Concello de Oroso que terá lugar o vindeiro domingo 8 de xuño a partir das 16:00 horas no Auditorio Municipal de Sigüeiro.
Un total de tres grupos teatrais, dos cales dous son do Concello, encharán a tarde do domingo de aventuras, contos, alegrías, tristezas, desaires,... e moita, moita ilusión.
Programación
- 16:00 - A Porta Misteriosa do Grupo Anpa Carboeiro
- 17:00 - Imos de Acampada de Vagalume Animación
- 18:00 - De-función da Escola de Teatro Municipal de Oroso
A entrada será libre ata completar o aforo.












