Inscrición - Reserva
Localización: Camiño Inglés (Ordes-Sigüeiro)
IV Edición Media Maratón do Camiño Inglés
O sábado 5 de xullo terá lugar a cuarta edición da Media Maratón do Camiño Inglés Rede Stelar dende o veciño Concello de Ordes ata o Concello de Oroso.
Carreiras
A Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Federación Galega de Atletismo, organiza un total de catro probas:
- A media maratón (21 Km) comezará ás 10:00 horas dende a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes) seguindo a ruta do Camiño Inglés ata a Piscina Municipal de Sigüeiro (Concello de Oroso).
- A carreira de 10 km tamén comezará ás 10:20 horas dende Ponte Pereira - Área de lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes) seguindo a mesma ruta ata a Piscina Municipal de Sigüeiro.
- Circuito de 3 km para rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos que comezará ás 12:30 horas con saida e chegada a Piscina Municipal de Sigüeiro
- Circuíto de 1,5 km para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos que comezará ás 12:45 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro
Inscricións e entrega de dorsais
As inscricións nas diferentes probas poderá realizarse ata o 2 de xullo ás 23:59 h. na web www.carreirasgalegas.com
A entrega de dorsais realizarase o propio día 5 de xullo a partir das 08:00 horas, na liña de meta ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e ata as 08:45 horas para as probas de 21KM e 10KM.
Para as demais probas, 3Km e 1,5 Km, realizarase tamén o mesmo día de 11:00 a 12:00 na Piscina Municipal.
Servizos
Os autobuses partirán dende a piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de meta, Camiño Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso, cunha frecuencia de 15 minutos a partir das 8:15 horas en dirección á zona de saída da carreira de 10KM e 21KM. Para a carreira de 21KM a derradeira saída será ás 09:00 horas. Para a carreira de 10KM a derradeira saída será ás 09:15 horas.
Máis información na web www.carreirasgalegas.com e no Regulamento da Proba













