Localización: Polideportivo Juanito Amigo
Xornadas de Tenis de Mesa
O Plan Corresponsables 2025 é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade. A Xunta de Galicia a través da Federación Galega de Tenis de Mesa, puxo en marcha esta iniciativa coa finalidade de impulsar a igualdade e a conciliación familiar, así como a axudar a profesionalizar o sector deportivo con emprego de calidade e de fomentar a práctica gratuíta do tenis de mesa.
Actualmente a FGTM está a desenvolver Xornadas de Tenis de Mesa que se realizarán dende o 1 de agosto na sede da FGTM, en Oroso. Para máis información e inscricións: Inscrición xornadas tenis de mesa de verán
A inscrición é completamente gratuíta e destinada a menores de 16 anos. Os grupos faranse a partir do 1 de agosto ata o 5 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h de luns a venres.













