Inscrición - Reserva
Localización: Centro Cultural de Sigüeiro
Clases de defensa persoal feminina
O venres 12 de setembro, no Centro Cultural de Sigüeiro, terá lugar unha xornada práctica de defensa persoal feminina co Método Mas by Juan José Martínez.
- Horario: de 9:00 a 14:00 h
- Lugar: Centro Cultural
Unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso, coa colaboración da Xunta de Galicia e o apoio do Ministerio de Igualdade, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Aberta a todas as mulleres que queiran aprender recursos básicos para a súa seguridade e autoconfianza.
As inscricións realizaranse no concello ou no teléfono 604 021 185.













