II Carreira Camiño Via Verde
Información:
  • 28-09-2025
  • 09:45 - 14:30
  • Todos os públicos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Vía Verde

II Carreira Camiño Via Verde

A Deputación da Coruña organizará coa colaboración da Asociación de Concellos da Vía verde, o vindeiro domingo 28 de setembro de 2025 a proba “II Carreira Camiños da Vía Verde”, unha proba do calendario autonómico que une varios concellos da comarca e que pon en valor este espazo natural único.

Data28 de setembro ás 10:30 horas

Prazo Inscrición24 de setembro ás 23:59 horas

Regulamentodescargar



Categorias

Proba Hora Distancia
Carreira Adultos 10:30 11,5 Km
Carreira Escolares 2km 12:00 2,0 km
Carreira Escolares 1km 12:20 1,0 km
Carreira Escolares 400 m 12:35 400 m
Andaina 09:45 6,2 km


Lugar de saída e meta das probas.

A saída da proba de 11,5 k será desde a antiga Estación do tren de Ordes – A Pontraga
A meta da proba de 11,5 k estará ubicada na antiga Estación do tren de Queixas – Londoño no Concello de Cerceda
A saída da Andaina de 6,2 k será desde a antiga Estación de Gorgullos-Tordoia .
As probas escolares realizaranse na estación do tren de Queixas – Londoño de Cerceda.

Percorrido

Categoría Adultos

Recollida de dorsais

A entrega de dorsais terá lugar no lugar de meta (na antiga Estación do tren de Queixas – Londoño no Concello de Cerceda a partir das 08:30 horas e ata 30’ antes do inicio de cada proba.

Traslados en autobus

Os participantes na andaina de 6,2 K aprox. serán traslados ao punto de saída en autobús desde o punto de meta a partir das 08:45 horas.

Os corredores da proba de 11,5 K aprox. serán traslado ao punto de saída en autobús desde o punto de meta a partir das 09:15 horas.

Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta.

Habilitaranse tamén un servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal do Concello de Cerceda, Polideportivo Fernando González Laxe a partir das 11:00 horas.

Compartir: