Outono Cultural 2025
Información:
  • 28-11-2025
  • 20:30 - 21:30
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Localización: Auditorio Centro Cultural

Outono Cultural 2025

SUMRRÁ 25 ANIVERSARIO

Sumrra 25 aniversario
  • Venres 3 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural


  • Sumrrá


  • SUMRRÁ cumpre 25 anos e propón un concerto exclusivo e moi especial que non te podes perder.
    Espectáculo concedido a través do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.

AS GARDIÁS

As Gardias
  • Venres 10 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido ó público adulto.


  • Teatro de Ningures


  • Catro xubiladas da industria téxtil conviven decididas a preservar a súa independencia cando a filla dunha delas propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comezando unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Rosa, Ana, Marga e Susana, defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

OS CONTOS DE LOBICÁN

Os Contos de Lobican
  • Sábado 18 de outubro, ás 12:00 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido á rapazada de 3 a 8 anos.


  • Redrum Teatro


  • Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación

DESEXO

Desexo
  • Venres 24 de outubro, ás 12:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Función escolar (3º e 4º ESO).


  • Venres 24 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido ao público adulto.


  • Talía Teatro


  • Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade... Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.

CABAZAS DE SAMAÍN

Samain
  • Xoves 30 e Venres 31 de outubro

  • Centro Cultural

  • Dirixido a todos os públicos.


  • Entrega a túa cabaza decorada con temática do Samaín e recibirás un agasallo!.
    As cabazas estarán expostas no centro cultural

FESTA DO SAMAÍN

samain
  • Venres 31 de outubro, de 18 a 20 horas

  • Carpa diante do Centro Deportivo

  • Dirixido ó público familiar.


  • DISCO MÓBIL e OBRADOIRO DE MAQUILLAXE


GO ON

Go On
  • Venres 7 de novembro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 14 anos.


  • Malasombra


  • Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.
    Go on! defínese como unha odisea cómica no espacio galego..

KYOKI

kyoki
  • Sábado 15 de novembro, ás 12:00 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 5 anos.


  • Elefante Elegante Teatro


  • KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés?.

TOLÓPTICA

Tolóptica
  • Venres 21 de novembro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 13 anos.


  • Código Azul


  • "Hai algo máis importante ca familia, os amigos ou o amor? Si, e iso é o traballo. Cando o reloxo nunca se detén, pero a vida si."
    No congreso anual de vendedores de primeira de Tolóptica, Leo atopase atrapado nun palco superior. Outro rapaz aparece sen seguir os códigos da convención, tentando subirlle os ánimos. Mentres tanto, unha excéntrica presentadora mantén ao público entretido, pero o éxito do congreso non é o que parece...
    Con este leitmotiv, Tolóptica explora a percepción contemporánea do traballo como elemento central na sociedade, e como pode chegar a deformar o noso concepto de identidade e realidade. A obra convida ao público a reflexionar sobre as demandas da competitividade, a autoexixencia e a hiperactividade, e os seus efectos na saúde psicolóxica, física e ideolóxica.

GO HOME

Go Home
  • Venres 28 de novembro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido ao público adulto.


  • Etiqueta Negra


  • Go Home é a nova comedia negra de Tito Asorey, protagonizada por David Amor e Josito Porto, escrita por José Prieto en colaboración con figuras destacadas do cine español como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha peza baseada na realidade que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa experimentou todas as aventuras que as axencias de viaxes lle poden ofrecer. Todas menos unha. Así comeza, para o noso protagonista, un novo mundo de emocións.

Compartir: