Localización: Estación Garga-Trasmonte
Taller envellecemento activo
O Taller de Envellecemento Activo na Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle no Concello de Oroso que tiveramos que adiar por mor da chuvia celebrarase finalmente este sábado, 11 de outubro.
Terá lugar na Antiga estación de Garga–Trasmonte (Oroso), empezando ás 9:30 horas e cunha duración aproximada de 4 horas.
A actividade inclúe unha andaina pola Vía Verde de arredor de 4 km, seguida dun taller de Pilates e ioga, perfectos para desconectar, relaxarse e compartir unha mañá diferente en contacto coa natureza.
As inscricións estarán abertas ata o venres 10 de outubro ás 17:30 h no teléfono 638 52 88 70
Horarios de inscrición
De martes a sábado: 9:00–13:30 h e 15:00–17:00 h
Domingo: 10:00 a 13:30 h
Non perdas esta oportunidade de participar nun espazo de lecer saudable, convivencia e posta en valor do noso patrimonio natural e social.













