Plan Maior Seguridade
Información:
  • 22-10-2025
  • 17:00 - 18:00
  • Persoas maiores
  • GRATUITO

Localización: Local de Maiores de Oroso

Plan Maior Seguridade

O vindeiro mércores 22 de outubro ás 17:00 h, no Local de Maiores de Oroso, celebrarase unha charla informativa sobre o Plan Maior Seguridade, impulsado polo Ministerio do Interior co apoio da Policía Nacional, Garda Civil e Cruz Vermella.

O obxectivo é ofrecer consellos prácticos para previr situacións de risco, mellorar a seguridade das persoas maiores e informar sobre como actuar ante posibles estafas ou delitos.

Lembra: mantén sempre o control das túas pertenzas e, se es vítima dun delito ou precisas axuda, chama ao 091 (Policía Nacional) ou ao 062 (Garda Civil)

Compartir: