Oroso contra a violencia machista
Información:
  • 22-11-2025
  • 11:30 - 13:30
  • Todos os públicos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Oroso contra a violencia machista

Con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Oroso organiza o obradoiro EstAmpa diversA da man de Sororas S. Coop. Galega.

A través da estampa de pranchas de linogravado gravadas a man con elementos relacionados co 25 N, buscarase entender a importancia do 25 N, asi como coñecer por que esa data foi a escollida. Durante ese proceso artesanal e creativo afondarase no coñecemento de ferramentas para detectar, previr e actuar fronte á violenvia machista.

Un obradoiro de Sororas S. Coop. Galega no que se unen historia e arte como ferramentas para crear unha sociedade en Igualdade.

Se queres participar deste obradoiro de estampa no que poñer en valor a Igualdade e a loita pola eliminación da violencia contra á muller, inscríbete no seguinte formulario https://forms.gle/1d6NXgT63i5efDKG8

Historia e arte unidas como ferramentas para crear unha sociedade en igualdade.

Compartir: