OrosoGóisArte 2025
Información:
  • 04-12-2025
  • 19:00 - 20:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

OrosoGóisArte 2025

O Concello de Oroso celebrará este xoves 4 de decembro ás 19:00 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, unha nova edición da mostra artística OrosoGóisArte.

Unha mostra artística que reforza o vínculo cultural entre Oroso e o municipio portugués de Góis, coa colaboración habitual entre ambas entidades no ámbito da cultura e das artes, onde o Centro Cultural se converterá nun espazo de convivencia artística no que o público poderá descubrir talento local e internacional, ademais de achegarse a diferentes estilos, técnicas e perspectivas creativas.

OrosoGóísArte continúa así a súa misión de fomentar o diálogo cultural e o intercambio entre artistas de ambos territorios, favorecendo novas oportunidades de colaboración e enriquecemento mutuo.

Compartir: