Inscrición - Reserva
Localización: Aula CeMIT Oroso
Curso de Poda
O Concello de Oroso organiza un Curso de Poda do 2 ao 7 de marzo na Aula CeMIT en colaboración coas Asociacións Veciñais de San Mamede do Ánxos, Pasarelos, Gándara, Deixebre, Transmonte, Marzoa, Cardama, Oroso e Senra.
O curso está dirixido a persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos e prácticos sobre o coidado das árbores e plantas, e ten unha duración de 10 horas: clases teóricas (do 2 ao 6 de marzo) de 19 a 21 horas, e un día de práctica no campo (sábado 7).
Unha boa oportunidade para aprender e mellorar as técnicas de poda.
Para máis información ou inscribirse, as persoas intersadas poden acudir ao Concello de Oroso.













