Localización: Local de Maiores de Oroso
Charla informativa Seguridade Financieira
O Concello de Oroso organiza unha sesión para coñecer como protexernos ante fraudes, estafas e riscos nas xestións bancarias online.
A charla será o martes 10 de marzo ás 17:00 horas no Local de Maiores de Oroso.
Contaremos coa participación de María Iglesias Sande (CaixaBank Ordes), veciña de Oroso e Patricia Rodríguez Botana (CaixaBank Oroso), veciña do Cachopal.
Unha oportunidade para aprender a navegar con máis seguridade e confianza a través de internet.













