Lettering con Brushpen
Información:
  • 16-03-2026
  • 18:00 - 20:00
  • de 12 a 16 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Lettering con Brushpen

A Biblioteca Municipal de Oroso acolle o vindeiro 16 de marzo ás 18:00 h un obradoiro creativo para aprender a arte do lettering, dirixido a mozos e mozas de 12 a 16 anos.

O lettering é a arte de debuxar letras, explorando a creatividade para crear composicións visuais atractivas, expresar ideas e mesmo relaxarse a través dunha actividade artística.

O obradoiro será impartido pola profesional NACU, formada na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña.
Inclúe todo o material necesario, entre eles un brushpen para cada participante, follas de teoría e plantillas para practicar durante o obradoiro e tamén na casa.

As prazas son limitadas e deberase realizar a inscricións no Centro Cultural ou no 981 69 09 03.

Unha oportunidade perfecta para descubrir unha nova forma de expresión artística!

Compartir: