Localización: Casa da Xuventude
Derrubando roles, erguendo igualdade
O vindeiro sábado 7 ás 11:00 h, a Casa da Xuventude de Oroso acollerá un obradoiro dirixido a familias para reflexionar sobre a igualdade e os roles de xénero desde a infancia.
A través dunha dinámica participativa e cooperativa, persoas adultas e menores poderán descubrir como os estereotipos inflúen na educación, nas expectativas e nas oportunidades de nenos e nenas.
Un espazo para aprender, compartir e construír igualdade en familia.













