Inscrición - Reserva
Localización: Oroso
Campa Inclusivo
O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro acollerá durante as
vacacións de Semana Santa un campamento inclusivo de Pascua, unha iniciativa
promovida pola asociación Afecto, coa colaboración da ANPA A Nosa Escola e do
Concello de Oroso, co obxectivo de ofrecer actividades educativas e de lecer para a
infancia ao tempo que se facilita a conciliación das familias.
O campamento desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, en horario
de 9:00 a 14:00 horas, e incluirá unha ampla programación de actividades pensadas
para fomentar a participación, a creatividade e a convivencia entre os nenos e nenas.
Actividades
- Obradoiros
- Manualidades
- Música
- Búsqueda de ovos de Pascua
- Xogos
- Pintacaras
Prezos
- campamento completo (4 días de 9:00-14:00): 35€
- día solto (9:00-14:00): 10€/día
- servizo de madrugadores (7:30-9:00): 2€/día
- servizo de comedor (14:00-15:00): 2€/día
- *Seguro de accidentes e responsabilidade civil incluído.
Enderezo do lugar onde se realizará o campamento
Avenida da Grabanxa, 43, 15688 Sigüeiro, A Coruña.
Haberá servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00 (os nenos e nenas que almorcen no campamento deberán traer o almorzo da casa) e servizo de comedor de 14:00 a 15:00 (os nenos que empreguen este servizo deberán traer a comida nun tuper). O horario xeral do campamento será de 9:00 a 14:00.
*No caso de non xuntar o alumnado mínimo (10) non se levará a cabo o campamento. Neste caso, contactaremos coas familias para informar da situación.
*No caso de que por calquera motivo, non nos permitan utilizar os espazos necesarios, tampouco se levará a cabo o campamento.
Contacto e información
No teléfono 614911051 ou escribe a uxia.asmarinhas@gmail.com













