Localización: Praza do Concello
Día Mundial do Autismo
Este luns 6 de abril, o Concello de Oroso, en colaboración con AFECTO, organiza unha tarde moi especial chea de inclusión, aprendizaxe e diversión coa actuación de Barafunda para celebrar o Día Mundial do Autismo.
As actividades terán lugar na Praza do Concello de 17:30 a 19:30 horas.
Programación
✨ Actividades para todas as familias:
? Obradoiros
? Performance
? Obradoiro de chapas
Un espazo para comprender, compartir e celebrar a diversidade. Agardámoste para unha tarde para compartir, aprender e seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva.













