Inscrición - Reserva
Localización: Auditorio Centro Cultural
Inter Ritmos - Raices vivas
O vindeiro 17 de abril, o Auditorio do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acolle unha proposta cultural única que une tradicións e estilos, tendendo pontes entre a música galega e o flamenco.
Un evento enmarcado nun proxecto de cooperación entre 11 GDR, baseado na metodoloxía LEADER, coa colaboración da Fundación Paco de Lucía e da Fundación Paideia.
Un evento con asistencia gratuita e aforo limitado, sendo precisa a inscrición previa en asdecomor@telefonica.net













