Localización: Auditorio Centro Cultural
Hugo
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO é, en definitiva, un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.
HUGO é unha peza familiar para todos os públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as micro discriminacións diarias experimentadas polas persoas con Trastornos do espectro do autismo (TEA).
HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e da importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes.
Unha obra de teatro de Os Náugrafos Teatro