Localización: Concello de Oroso
Pesca o teu desconto
O Concello de Oroso continúa a celebración dunha das súas citas máis emblemáticas cunha nova iniciativa de apoio ao tecido comercial local. Baixo o lema “Pesca o teu desconto”, esta campaña convida á veciñanza e ás persoas visitantes a seguir gozando do ambiente da Festa da Troita tamén nos establecementos do municipio.
Entre os días 4 e 10 de maio, todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio local de Oroso poderán beneficiarse de agasallos e descontos especiais, convertendo cada compra nunha oportunidade para “pescar” vantaxes exclusivas.
Esta acción ten como obxectivo dinamizar o comercio de proximidade, fomentar o consumo responsable e poñer en valor o papel fundamental dos pequenos negocios na vida económica e social do concello. Ao mesmo tempo, contribúe a estender o espírito festivo da Festa da Troita máis alá das actividades tradicionais, implicando directamente ao tecido comercial.
O Concello anima a toda a cidadanía a participar nesta campaña, apoiando aos establecementos locais e descubrindo a ampla variedade de produtos e servizos que ofrecen.
Merca no comercio local e pesca o teu desconto!













