Inscrición - Reserva
Localización: Sigüeiro
II Andaina Solidaria Afecto
O vindeiro 23 de maio, as rúas de Oroso volverán encherse de solidariedade coa celebración da II Andaina Solidaria AFECTO, unha iniciativa destinada a dar visibilidade ao autismo e apoiar ás familias da nosa contorna.
Tras o éxito da primeira edición, a Asociación AFECTO organiza novamente esta xornada aberta á participación de persoas de todas as idades, combinando deporte, natureza e compromiso social nun ambiente familiar e inclusivo.
Data23 de maio ás 10:30 horas
InscriciónFormulario web
Prazo InscriciónNa web ou presencial o día do evento
Información da andaina
A saída terá lugar na Praza do Concello de Oroso ás 10:30 horas cun percorrido de 3 quilómetros.Unha iniciativa solidaria
Toda a recadación obtida a través das inscricións destinarase integramente ao financiamento das actividades e proxectos de apoio desenvolvidos pola Asociación AFECTO en favor das persoas con autismo e das súas familias.Ademais, aquelas persoas que non poidan asistir presencialmente tamén poderán colaborar mediante o chamado “Dorsal 0”, realizando un donativo solidario a partir de 5 euros sen necesidade de participar na andaina.
Como participar?
O proceso de inscrición é sinxelo e pode realizarse a través do formulario oficial habilitado pola organización, seguindo os pasos indicados para completar o pagamento de forma segura.Desde o Concello de Oroso animamos á veciñanza a sumarse a esta iniciativa solidaria e colaborar cunha causa que promove a inclusión, a sensibilización social e o apoio ás familias.













