I Albaroque
Información:
  • 16-05-2026 a 17-05-2026
  • 12:00 - 02:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Localización: Senra (Oroso)

I Albaroque

A Asociación Folclórica Buxos Verdes de Senra organiza coa colaboración do Concello de Oroso o I Albaroque, unha xornada de música, baile tradicional e convivencia que terá lugar o vindeiro 16 de maio en Senra (Oroso).

Durante toda a xornada haberá actividades para toda a familia, mostra de artesanía, sesión vermú, xantar popular, música tradicional, xogos populares e troula nocturna. Ademais, contarase con carpa e bebidas a prezos populares.

Programación

  • 12:00 - APERTURA DO RECINTO E MOSTRA DE ARTESANÍA
  • 13:00 - XUNTANZA DE GRUPOS: BAILE TRADICIONAL
    • Asociación Folclórica Buxos Verdes de Senra (Oroso)
    • Centro Cultural A Ponte Vella (Teo)
  • 14:00 - SESIÓN VERMÚ
    • Charanga Argalleiros (Sigüeiro - Oroso)
  • 14:30 - XANTAR POPULAR
    • Despois do xantar haberá xogos populares para toda a familia
  • 18:00 - XUNTANZA DE GRUPOS: MÚSICA TRADICIONAL
    • A.C. Rosalía de Castro (Teo)
    • Pandereteiras de Carballal
    • Grupo A Morriña (Carballal)
    • A.C. Néboas do Cumio (Oroso)
    • A.C. O Castro de Figueiras (Santiago)
    • A.C. Xeitosos de Trazo
    • As Lavercas (A Pontragha)
    • De Vagarinho (Villestro - Santiago)
    • A.C. Lembranzas do Tambre (Sigüeiro - Oroso)
    • Os de Ordes (Ordes)
    • PaFumar
    • Sarillo de Aiazo (Frades)
  • 23:00 - TROULA NOCTURNA
    • Charanga BB+


Entrada libre. Haberá churrasco gratis para asistentes e participantes.
Xantar Poular: Empanada, Callos, Postre e Café (20€ adultos - 12€ nenos). Puntos de venta.

Máis información do I Albaroque

Compartir: