Localización: Aula CeMIT Oroso
Curso Intelixencia Artificial
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT EducaOroso, pon en marcha o itinerario formativo “Intelixencia artificial para o teu día a día”, unha acción formativa gratuíta orientada a achegar a cidadanía ao uso práctico e responsable das ferramentas de Intelixencia Artificial Xenerativa.
O curso desenvolverase en formato presencial cun enfoque eminentemente práctico, deixando de lado a teoría complexa para facilitar que as persoas participantes adquiran competencias útiles para o ámbito persoal e profesional.
Formación práctica para mellorar a autonomía dixital
Este itinerario terá unha duración total de 16 horas, distribuídas en 8 sesións de 2 horas, e permitirá aos asistentes coñecer e utilizar ferramentas de IA de maneira produtiva, segura e eficiente.
O principal obxectivo da formación é que os participantes desenvolvan capacidades reais que contribúan a mellorar a súa empregabilidade, produtividade e autonomía dixital, aprendendo a aplicar a Intelixencia Artificial na resolución de tarefas cotiás.
Entre as competencias que se traballarán destacan:
- Uso práctico de modelos de IA como ChatGPT, Gemini ou Claude.
- Creación de instrucións eficaces para obter respostas de maior calidade.
- Organización e planificación de tarefas mediante IA.
- Redacción profesional e análise de documentos.
- Investigación con fontes fiables utilizando ferramentas especializadas como Perplexity.
- Creación de presentacións e contidos visuais con Gamma e Canva.
- Xeración e edición de imaxes mediante Intelixencia Artificial.
- Uso ético e responsable da IA, abordando cuestións como a privacidade ou a desinformación.
- Configuración de asistentes personalizados adaptados ás necesidades de cada usuario.
Contidos do curso
Durante a primeira semana abordarase unha introdución práctica ao uso da IA, aprendendo a perder o medo a estas ferramentas, mellorar a interacción cos asistentes virtuais e descubrir aplicacións especializadas para aumentar a produtividade.
Na segunda semana o alumnado traballará na creación de contidos visuais con IA, no deseño de asistentes personalizados e no uso de ferramentas avanzadas para a creación de presentacións e materiais gráficos, ademais de tratar cuestións relacionadas coa ética e a seguridade dixital.
Datas e horario
O curso desenvolverase do luns 25 de maio ao xoves 4 de xuño, en horario de 10:00 a 12:00 horas, de luns a xoves.
A formación terá lugar na Aula CeMIT EducaOroso na Rúa do Deporte, 9 – 15888 Oroso (A Coruña)
Inscricións
As persoas interesadas poden realizar a súa solicitude de inscrición a través da seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/54805













