Andaina Solidaria ASANOG
Comeza en:
Información:
  • 14-06-2026
  • 10:00 - 13:30
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Localización: Praza do Concello

Andaina Solidaria ASANOG

O Concello de Oroso organiza unha nova Andaina solidaria en apoio á Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
Será o domingo 14 de xuño e a saída ás 10:00 horas desde a praza do Concello.
O percorrido será de cinco quilómetros con participación libre.

Xuntos, podemos achegar o noso gran de area e contribuír a unha gran causa!
Os donativos podense realizar a través de Bizum co código 11243, ou directamente o día da andaina na praza do Concello.
Máis información no teléfono 981 92 79 01 ou deportes@oroso.gal

Unha cita para toda a veciñanza e visitantes na que o deporte e a solidariedade camiñan da man.

Compartir: