Localización: Paseo do Carboeiro
XIII Festival Folk do Carboeiro
A agrupación folclórica Lembranzas do Tambre organziza coa colaboración do Concello de Oroso o XIII Festival Folk do Carboeiro que terá lugar este sábado 27 de xuño no Paseo do Carboeiro en Sigüeiro.
Non te perdas todas as fantásticas actuacións que haberá durante toda a xornada, o xantar popular con petiscos e bebidas a prezos populares, o mercado de artesanía e os obradoiros de baile e pandeireta.
Programación
- 13:30 - SESIÓN VERMUT
- 14:30 - XANTAR POPULAR
- 16:30 - FESTA NO TORREIRO













