Inscrición - Reserva
Localización: Camiño Inglés (Ordes-Sigüeiro)
V Edición Media Maratón do Camiño Inglés
O domingo 5 de xullo terá lugar a quinta edición da Media Maratón e 10KM do Camiño Inglés, cun percorrido entre os concellos de Ordes e Oroso seguindo a ruta do Camiño Inglés.
Carreiras
A Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, organiza dúas probas:
- A media maratón (21 km) comezará ás 10:00 horas dende a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes), seguindo a ruta do Camiño Inglés ata a Piscina Municipal de Sigüeiro (Concello de Oroso).
- A carreira de 10 km comezará ás 10:20 horas dende Ponte Pereira - Área de Lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes), seguindo o mesmo percorrido ata a Piscina Municipal de Sigüeiro.
Inscricións e entrega de dorsais
As inscricións poderán realizarse ata o 1 de xullo ás 23:59 horas a través da web www.carreirasgalegas.com.
A entrega de dorsais realizarase o propio día da proba, domingo 5 de xullo, na zona de meta situada xunto á Piscina Municipal de Sigüeiro:
- De 08:00 a 08:45 horas para as probas de 21 km e 10 km.
Servizos
A organización poñerá á disposición dos participantes:
- Servizo gratuíto de autobuses dende a Piscina Municipal de Sigüeiro ata as zonas de saída das probas de 21 km e 10 km, cunha frecuencia aproximada de 15 minutos a partir das 08:15 horas.
- Última saída do autobús para a proba de 21 km ás 09:00 horas.
- Última saída do autobús para a proba de 10 km ás 09:15 horas.
- Gardarroupa na zona de meta.
- Duchas e vestiarios na Piscina Municipal de Sigüeiro.
- Avituallamentos durante o percorrido e na chegada.
- Servizo de asistencia sanitaria e ambulancias durante a celebración da proba.
Categorías e premios
Establécense categorías masculina e feminina, tanto para a media maratón como para a proba de 10 km, con premios para a clasificación xeral e para as diferentes categorías de idade segundo o regulamento oficial.
Máis información na web www.carreirasgalegas.com e no regulamento oficial da proba.













