Rede Galega de Oficios
Comeza en:
Información:
  • 03-10-2026
  • 10:00 - 20:00
  • A partir de 16 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Rede Galega de Oficios

O Centro Cultural Fernando Casas de Novoa, en Sigüeiro, acollerá o vindeiro sábado 3 de outubro unha nova xornada do Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para recuperar e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais, favorecer a transmisión de coñecementos entre xeracións e achegar á mocidade as posibilidades de emprego e autoemprego vinculadas a estes saberes.

Nesta ocasión, a xornada estará dedicada ao traballo artesanal en coiro da man do proxecto JATAFARTA. As persoas participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man diferentes técnicas e ferramentas tradicionais, así como participar nun obradoiro práctico no que poderán experimentar con este material.
A proposta está concibida como unha actividade interxeracional, creando un espazo de encontro e intercambio entre persoas de diferentes idades para compartir coñecementos, experiencias e habilidades relacionadas cos oficios tradicionais.

DataSábado, 3 de outubro

Horario10:00 a 14:00 h
e 16:00 a 20:00 h

LugarCentro Cultural
Fernando Casas de Novoa

Prazas16 participantes
Prazas limitadas



Destinatarios

A actividade está dirixida principalmente a mozas e mozos de 16 a 35 anos e persoas maiores de 55 anos, aínda que tamén poderán participar persoas doutras idades, ata os 54 anos, sempre que cumpran os requisitos establecidos polo programa.

  • Mozas e mozos de 16 a 35 anos.
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Tamén aberta á participación de persoas doutras idades ata os 54 anos.
  • É necesario ter cumpridos os 16 anos e residir en Galicia.
  • No caso de persoas menores de 18 anos será necesaria a autorización do pai, nai ou titor/a legal.


Unha xornada para aprender e compartir

A xornada permitirá achegarse ao mundo da artesanía en coiro mediante un obradoiro práctico, coñecendo técnicas, ferramentas e saberes propios deste oficio tradicional. A actividade busca favorecer a transmisión de coñecementos entre xeracións e contribuír á conservación do patrimonio cultural e artesanal de Galicia.

O programa Rede Galega de Oficios Vivos está impulsado pola Xunta de Galicia e desenvolve xornadas en máis dunha vintena de concellos galegos. A iniciativa pretende poñer en valor os coñecementos das persoas maiores, achegar á mocidade as posibilidades de desenvolvemento profesional vinculadas aos oficios tradicionais e contribuír á dinamización do medio rural.

Inscrición

A participación é gratuíta e as prazas están limitadas a 16 persoas. A selección realizarase segundo os criterios establecidos pola organización, tendo prioridade, entre outros supostos, as persoas residentes no concello no que se desenvolve a actividade e pertencentes ás franxas de idade prioritarias.



Desde o Concello de Oroso anímase á veciñanza a participar nesta proposta, que ofrece unha oportunidade para aprender un oficio tradicional, compartir experiencias con persoas doutras xeracións e contribuír á conservación dos saberes artesanais de Galicia.

Compartir: