Localización: Praza do Concello
Oroso con Ceuta
O Concello de Oroso súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para trasladar o apoio e a solidariedade do municipalismo español á cidade de Ceuta e á súa cidadanía.
Este mércores, día 2 de setembro, ás 20:00 horas na Praza do Concello.
O acto celebrarase de maneira simultánea en concellos de toda España.
Convidamos á veciñanza de Oroso a participar nesta concentración de apoio e solidariedade.












