Inscrición - Reserva
Localización: Concello de Oroso
Obradoiros Municipais Maiores 2026-2027
Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Maiores e Sanidade, póñense en marcha os seguintes obradoiros municipais para persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello:
- Ximnasia en Sigüeiro, Trasmonte, Cachopal e Senra
- Baile en Sigüeiro e Deixebre
- Taichí en Sigüeiro
- Ioga en Sigüeiro
- Obradoiros de memoria en Sigüeiro, Oroso, Trasmonte, Senra e Cachopal
- Informática en Sigüeiro
O prazo de inscrición será do 7 ao 25 de setembro, e as actividades darán comezo o 1 de outubro.
Máis información na web e inscricións no Concello de Oroso













