Localización: Centro Cultural de Sigüeiro
Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galega
O Concello de Oroso abre as inscricións para un curso dirixido a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego, cunha formación práctica para iniciarse na lingua e coñecer mellor a cultura galega.
Unha boa oportunidade para dar os primeiros pasos en galego e comezar a utilizalo con máis confianza no día a día.
Datas23, 28 e 30 de setembro
5, 7, 14, 19, 21, 26 e 28 de outubro
Duración De 18:30 a 20:30 h
(Total 20 horas)
DirixidoPersoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego
Inscricións
As persoas interesadas poden anotarse presencialmente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa
Ao rematar entregarase un diploma acreditativo do curso.













