Outono Cultural 2026
Comeza en:
Información:
  • 09-10-2026 a 28-11-2026
  • 20:30 - 22:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Localización: Auditorio Centro Cultural

Outono Cultural 2026

ENREDADA

Leti da Taberna
  • Venres 2 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido ó público adulto.


  • Leti da Taberna


  • Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

A Serea Mariña

Asociación Ambar
  • Venres 9 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a todos os públicos.


  • Asociación Ambar


  • A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional presenta o seu espectáculo de teatro e danza 'A Serea Mariña', o cal nos fala de muller e de mar a través da inspiración de danzas mariñeiras.

O Arcón de Noa

O arcón de Noa
  • Sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 2 anos.


  • Amarelo


  • Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles...

NEURA

Des ste xeito
  • Venres 23 de outubro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 13 anos.


  • De ste xeito


  • Neura é unha comedia que aborda o tema da saúde mental. Iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con manías propias e alleas. Algunhas delas intentan agochalas mentres amosan outras con orgullo. Ás veces as toleran, noutros casos buscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

FESTA DO SAMAÍN

samain
  • Venres 30 de outubro, de 18:30 a 20:30 horas

  • Carpa diante do Centro Deportivo

  • Dirixido ó público familiar.


  • DISCO MÓBIL, OBRADOIRO DE MAQUILLAXE e FOTOMATÓN


CABAZAS DE SAMAÍN

Samain
  • Venres 30 e Sábado 31 de outubro

  • Centro Cultural

  • Dirixido a todos os públicos.


  • Entrega a túa cabaza decorada con temática do Samaín e recibirás un agasallo!.
    As cabazas estarán expostas no centro cultural

XACARANDAINA

Xacarandaina
  • Sábado 31 de outubro, ás 19:00 horas

  • Carpa diante do centro deportivo

  • Dirixido a todos os públicos.


  • Xacarandaina


  • Actuación musical do grupo de música folclórica Xacarandaina.

SONBOLEROS CONCERTO

Gallaecia Eventos
  • Venres 6 de novembro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a todos os públicos.


  • Gallaecia Eventos


  • SonBoleros é un cuarteto que nace para render homenaxe á música latina en Galicia. Cunha liña moi elegante, é a nosa aposta de música latina en Galicia. Os seus compoñentes esforzanse por manter a orixinalidade do estilo xunto coa sonoridade moderna posta ao servizo do seu repertorio, que conserva a esencia da orixe dos estilos, sen perder de vista a elegancia musical e de escena...

UN DEUS SALVAXE

Un Deus Salvaxe
  • Venres 13 de novembro, ás 11:00 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Función Escolar IES.


  • Venres 13 de novembro, ás 20:30 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixida a maiores de 13 anos.


  • Talía Teatro


  • Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

SOLO

Solo
  • Sábado 21 de novembro, ás 12:00 horas

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 5 anos.


  • Roi Borrallas


  • O hábitat natural de calquera pallaso é o escenario, co seu público. ¿Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mesturan a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo.

A MAQUINA DO TEMPO DAS CIENTÍFICAS

Trémola
  • Luns 23 de novembro

  • Auditorio Centro Cultural

  • Función escolar.


  • Trémola


  • A actividade "A máquina do tempo das científicas" é unha proposta teatral que busca achegar a igualdade ás aulas a través da ciencia, a historia e a imaxinación.

BERENGUELA NA GAIOLA

Berenguela na Gaiola
  • Sábado 28 de novembro

  • Auditorio Centro Cultural

  • Dirixido a maiores de 6 anos.


  • Galeatro


  • Nunha residencia da Terceira Idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris..

Compartir: