Inscrición - Reserva
Localización: Aula CeMIT Sigüeiro
Curso de dixitalización para maiores
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Oroso e coa Xunta de Galicia, organiza unha nova formación para achegar as ferramentas dixitais ás persoas maiores dun xeito práctico e sinxelo.
Durante as sesións traballaranse cuestións útiles para o día a día:
- Google Maps
- Uso do móbil e smartphone
- Caixeiro automático
- App do Sergas e Chave 365
- Trámites e aplicacións habituais
Datas e hora
20, 23, 27 e 30 de outubro
10:00 a 12:30 h
Lugar Aula CeMIT de Oroso · Rúa do Deporte, 9, baixo
Inscrición Inscrición presencial na Aula Cemit
Unha oportunidade para aprender, practicar e gañar autonomía no uso das novas tecnoloxías













