Localización: EducaOroso
A Administración preto de ti
A Administración preto de ti é o proxecto do Ministerio de Política Territorial, impulsado conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que facilita á cidadanía o acceso a trámites e xestións da Administración Xeral do Estado.
Os veciños e veciñas de Oroso só terán que desprazarse ao aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso onde se axudará á cidadanía para obter os medios de identificación e firma dixital que permiten acceder aos servizos públicos, facilitaráselles o acceso á carta de servizos públicos dispoñible e informarase das vantaxes, por exemplo, do Cartafol Cidadán, cuxa aplicación móbil lanzou o Goberno.
Tamén haberá asistencia aos cidadáns para tramitar 'in situ' as súas solicitudes sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre os servizos máis demandados.
O número de prazas son limitadas e serán asignadas por rigoroso orde de inscrición.
Data: Xoves, 25 de xaneiro de 2024
Hora: 11:00 h
Lugar: Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro