Concurso de Receitas de Entroido
Información:
  • 06-02-2024
  • 09:00 - 20:30
  • Maiores 16 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Concello de Oroso

Concurso de Receitas de Entroido "En Galego sabe Mellor"

Receta gañadora: "Rosquillas" por Inmaculada Maria Souto Landeira

Receta Rosquillas
  • Ingredientes:

  • 500 gr de fariña (admite algunha mais, ata que non se pegue nas mans)
  • 1 iogur de vainilla. (125gr)
  • 250 gr de queixo para untar
  • 2 ovos medianos
  • 1 sobre levadura Royal
  • Raiadura de pel de mandarina
  • 100 gr de azucre
  • Azucre e Anis para rebozalas



  • Pasos a seguir:

  • Batir os 2 ovos co azucre.
  • Engadir a raiadura de mandarina, o iogur e o queixo para untar. Batir ben ata que esté ben mezcladiño.
  • Peneiramos a fariña ca levadura e imos engadindo o anterior. (Admite algunha mais de medio kilo, aquí ir vendo ao amasar que xa non se pegue nas mans para poder manipulala).
  • Deixar repousar a masa ½ ora na cociña.
  • Facemos boliñas de masa (según o tamaño que queiramos logo as rosquillas, ter tino porque aumentan de tamaño na tixola) e damoslle forma de rosquilla co burato no medio.
  • Co aceite na tixola moi quente ir botando as rosquillas. Fanse moi rapidiño asique non deixes de vixilalas. En canto esten douradiñas damoslle a volta… sacamolas e metemolas nun bol con anis (esta operación facemola moi rapidiño) e a continuación no seguinte bol co azucre.
  • E bo probeito!


Información

PrazoAta o 6 de febreiro

DirixidoMaiores de 16 anos

InscriciónNo Centro Cultural de Sigüeiro



Premios:
  • 1º Premio: Cea para dous no Restaurente Mirás
  • 2º Premio: Cesta de produtos gourmet

Información e inscricións:

Criterios a seguir para participar:

  1. O concurso está dirixido maiores de 16 anos.
  2. As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse en memoria USB ou enviar ao mail cultura@oroso.gal. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.
  3. Valorarase, a presentación e a creatividade, ser típicas do entroido, o sabor, así como a orixinalidade e a lingua da receita.
  4. Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.
  5. Os participantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 9h a 14h e de 16.30h a 20:30h e os sábados de 10 a 13h, tendo como data límite de presentación o martes 14 de febreiro de 2023, antes das 14h. O día 16 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14h ou de 16:30 a 17:30h.
  6. Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso en memoria USB ou no mail cultura@oroso.gal, e noutro documento o título da receita cos datos persoais do/a autor/a (nome e apelidos, DNI, enderezo, data de nacemento e teléfono de contacto).
  7. O día 18 de febreiro, arredor das 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.
  8. Os premios dos gañadores serán os seguintes:
    • Gañador/a: cea para dúas persoas no Restaurante Mirás
    • Finalista: un lote de productos gourmet.
    Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.oroso.gal

Compartir: