Concurso de Máscaras 2024
Información:
  • 06-02-2024
  • 09:00 - 20:30
  • Maiores de 7 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Concello de Oroso

Concurso de Máscaras 2024

Premiados

Manuel Neira

Manuel Neira Pena, Gañador Categoría 7 a 9 anos coa obra "A momia antroideira".

Matías Fernandez

Matías Fernández, Gañador Categoría de 10 a 12 anos coa obra "Boteiro".

Sandra Bermúdez

Sandra Bermúdez Martínez, Gañadora Categoría de adultos coa obra "Monstruo mariño do Entroido".

Zaira Campelo

Zaira Campelo Mallo, Finalista Categoría 7 a 9 anos coa obra "Naturaleza en carnaval".

Enma Campelo

Matías Fernández, Finalista Categoría de 10 a 12 anos coa obra "Dobre cara en carnaval".

Rosa Chacón

Rosa Mª Chacón Chacón, Finalista Categoría de adultos coa obra "Benvida primavera".

Información:

Prazoata o 6 de febreiro

CategoriasInfantil (7 a 9 anos)
Infantil (10 a 12 anos)
Xeral (máis de 13 anos)



Bases

  1. Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os criterios establecidos.
  2. Dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil ( de 10 a 12 anos) e a categoría xeral (a partir de 13 anos)
  3. Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.
  4. O tema das máscaras será libre.
  5. A máscara deberá ser de elaboración propia.
  6. Admitense no concurso máscaras (estas deberán cubrir completamente o rostro) e antefaces.
  7. O xurado valorará con maior puntuación as máscaras/ antifaces que sexan de elaboración propia podendo utilizarse distintos materiais.
  8. A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.
  9. Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.
  10. Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado/a o/a mesmo/a como gañador/a e finalista.
  11. Os participantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do centro cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9 a 14h e de 16:30 a 20:30h, tendo como data límite de presentación o 6 de febreiro de 2024, antes das 20:30h. As máscaras que participen no concurso estarán expostas no centro ata o 20 de febreiro no horario do centro.
  12. Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra e o nome do artista, tamén se pode enviar esta documentación a cultura @ oroso.gal. Todo escrito no dorso da dita fotografía no caso de ser presentada presencialmemte, (as fotografías non serán devoltas).
  13. A entrega dos agasallos farase o sábado 10 de febreiro arredor das 19:30h no pavillón de deportes durante a celebración do concurso de disfraces.
  14. As máscaras poderanse recoller no centro cultural de Fernando Casas e Novoa do 20 ao 29 de febreiro, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 29 de febreiro non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá darlles o destino que considere máis conveniente.
  15. A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas
  16. Os premios dos gañadores serán os seguintes:
    • Categoría Infantil (de 7 a 9 anos)
      • Gañador/a: vale por importe de 70€ en Equipa-T
      • Finalista: vale por importe de 35€ en Equipa-T
    • Categoría Infantil (de 10 a 12 anos)
      • Gañador/a: unha cámara Instax
      • Finalista: un altofalante intelixente
    • Categoría Xeral
      • Gañador/a: estancia para 2 persoas con almorzo nas “Cabañas Mirador de Ézaro”
      • Finalista: Entradas e masaxe para 2 persoas en Termaria – Casa da Auga (A Coruña)
  17. No caso de que o gañador/a oufinalista da categoría xeral non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

Compartir: