Palabras de Baobab Teatro
Información:
  • 16-03-2024
  • 12:00 - 12:45
  • De 1 a 8 anos e familias
  • GRATUITO

Localización: Auditorio Centro Cultural

Palabras de Baobab Teatro

O Concello de Oroso en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrece o sábado 16 de marzo ás 12:00 horas o espectáculo de dinamización da lingua galega "Palabras" da compañía Baobab Teatro.

Palabras
"Palabras" nace da necesidade de dar continuidade aos proxectos de investigación sobre a nosa lingua galega, "Puño Puñete" e "Ris Ras".
É un espectáculo que, como os anteriores, fará viaxar a través da música, os xogos, os enredos e os contos tradicionais.
Comezamos con cancións con xogos de repetición e contos musicais como:

Ola mamá ola papá!
Pequenas e Medianas
A Carapucha
Tres porquiños
O Carballo
Sete
Adeus mamá, adeus papá!


"Palabras" é un espectáculo para enredar, rir e bailar, un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos da casa, onde as palabras e os contos están presentes para introducirnos na tradición oral galega.

O espectáculo está pensado para os máis pequenos, de 1 a 8 anos e a súa duración é de 45 minutos.

Compartir: