Easter Camp
Información:
  • 25-03-2024 a 01-04-2024
  • 09:00 - 14:00
  • de 3 a 12 anos
  • 25.00
Inscrición - Reserva

Localización: CEIPP Camiño Inglés

Easter Camp

O Campamento Easter Camp é un programa de conciliación con actividades lúdico-educativas para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos organizado por Escuela ConTalento e subvencionado nun 50% polo Concello de Oroso.

O horario do campamento é de 9:00 a 14:00 horas e realizarase no CEIPP do Camiño Inglés os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril.

As inscricións realizaranse online en escuelacontalento.es tendo un custe será de 25,00 €.

O prazo para anotarse remata o 21 de marzo ás 12:00 horas.

Actividades que se realizarán:
  • Ciencia Divertida
  • Música e Movemento
  • Dinámicas de grupo
  • Traballos manuais
  • Xogos Tradicionais


Máis información no Centro Cultural do Concello de Oroso ou no teléfono 981690903.

Compartir: