Obras de ampliación da rede de abastecemento de auga ata A Barreira

O alcalde, Alex Doval, e o concelleiro de Medio Rural, Carlos Mosquera, durante unha visita as obras de ampliación

O concello de Oroso comeza as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga achegando o suministro ata o lugar da Barreira na parroquia de Calvente.

As obras que xa se encontran en marcha están dotadas dun presuposto de case 75.000€ para suministrar auga potable nesta zona do concello.

Compartir: