Dispoñible o Bono Activa Comercio

Bono Activa Comercio

Do 9 de outubro ao 31 de decembro de 2023.

O Concello de Oroso informa da dispoñibilidade do Bono Activa Comercio dende o día 9 de outubro ata o 31 de decembro de 2023 no que cada persoa disporá dun bono desconto de 30 euros para mercar nos comercios adheridos de Oroso.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.            


Como funciona?

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.
No caso de esgotamento do crédito do programa, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.
A través do seguinte enderzo poderás solicitar o teu Bono Activa Comercio seguindo uns sinxelos pasos: https://www.bonosactivacomercio.gal/.

Consultar os comercios de Oroso adheridos

Compartir: