O Concello de Oroso comeza as obras de ampliación da rede de saneamento de Deixebre
As obras de ampliación da rede de saneamento achegan este servizo dende Os Carballos ata Vilar de Arriba na parroquia de Deixebre, unha actuación que estará rematada antes de finais de ano.
As obras, que xa se encontran en execución, están dotadas dun presuposto de máis de 100.000€ proporcionando servicio de saneamento de augas residuais nesta zona do concello que na actualidade carece desta infraestrutura.
Realizarase tamén a execución dun grupo de bombeo no lugar máis baixo da zona de actuación para a derivación das augas residuais vertidas aos sumidoiros existentes que discorre ao longo do trazado da estrada N-550.