A Aula de CeMIT EducaOroso comeza o programa Martes Tecnolóxicos

Martes Tecnolóxicos

A Aula de CeMIT EducaOroso comeza o programa ''MARTES TECNOLÓXICOS'' coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais.

Obxectivos:

Crear referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado para que aposten por carreiras baseadas na tecnoloxía.

En qué consiste:

Trátase de impulsar actividades desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos relacionados coa tecnoloxía a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.

O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas e nenos aos roles no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Compartir: