O Concello de Oroso entrega premios aos mellores lectores do ano 2023 na Biblioteca Municipal

Entrega de premios na Biblioteca Municipal

A concelleira de Cultura, Ensino, Xuventude, Muller e Igualdade, María Requejo, e o alcalde de Oroso, Alex Doval, acudiron a Biblioteca Municipal de Oroso, no Centro Cultural Fernando de Casas Novoa, para facer un recoñecemento aos mellores lectores do ano pasado, nomeándoos socios de honra, e premiarlles por este motivo.

Alex Doval anima á cidadanía a achegarse a estes espazos para gozar da lectura, co obxectivo de ofrecer servizos de calidade e de carácter cultural e fomentar o gusto pola lectura.

Este recoñecemento faise coincidir no día de hoxe co Día do Usuario das bibliotecas públicas que achegan as posibilidades culturais e de lectura a tódalas casas do concello.

Os usuarios con máis prestamos de libros solicitados son aqueles que obteñen o recoñecemento e o premio según a categoría que participen habendo tres categorías: infantil, xuvenil e de adultos.

Requejo reivindicou que as tres persoas nomeadas como socias de honra sean mulleres, facendo fincapé na importancia da aportación no ámbito cultural das mulleres do concello.

Os premios para cada categoría constan de un vale de 30 euros para mercar nunha libraría da vila.


Compartir: