Oroso estrea nova Xuíza de Paz

A nova xuíza, María Elena Espiñeira, xunto o alcalde de Oroso, Alex Doval

O Concello de Oroso nomea nova xuíza de paz para este novo período, un nomeamento que fai que sexa unha muller a primeira en ocupar esa praza en Oroso.

A nova titular, María Elena Espiñeira Raña, vén abalada pola súa traxectoria no concello desempeñando o seu labor na administración local desde hai máis de 45 anos ata o momento do seu retiro fai preto dun par de anos.

O alcalde, Alex Doval, cualifica de "boa decisión" a tomada polo pleno ao escoller a Espiñeira, xa que a considera unha persoa idónea para o posto que cumpre cos requisitos necesarios: experiencia, esforzo e ilusión.

Compartir: