O Concello de Oroso reclama por unanimidade ao goberno de España o arranxo da N-550

Estado da N-550 na rotonda de acceso ao polígono en Sigüeiro

A moción, a petición do PP, aprobouse por unanimidade no pleno ordinario celebrado este luns.

Reclámase ao goberno de España a necesidade de acometer as melloras urxentes no mantemento da N-550 en xeral, e especialmente ao seu paso por Oroso.

O estado da mesma catalógase de deplorable e lamentable.

O Concello de Oroso reclama por unanimidade no pleno ordinario realizado o día 23 o arranxo e mellora do estado na estrada N-550 en xeral, e especialemente ao seu paso por Oroso.

A petición realizase tras o apoio unánime do pleno á moción presentada polo Grupo Municipal Popular, cos votos a favor dos grupos do PSdG e do BNG, para realizar o reclamo pertinente ao goberno de España de realizar as actuacións necesarias para arranxar as deficiencias que presenta esta estrada.

Na súa exposición, a moción fai referencia ao estado deplorable da N-550 en moitos dos seus puntos ao seu paso por Oroso, presentando multitude de rasgaduras no seu firme, fochancas, ocos e demais complicacións, así como en todo o seu conxunto.

O alcalde, Alex Doval, adianta que seguirá demandando ao Goberno Central as actuacións necesarias para o seu arranxo o tempo que faga falta xa que se trata da vía que vertebra o concello e trasladará os reclamos ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible do goberno de España, á Delegación do Goberno en Galicia e á Subdelegación do Goberno na provincia de A Coruña.

Compartir: