A Real Federación Galega de Fútbol e o Concello de Oroso asinan un convenio de colaboración para o acondicionamento e remodelación do Campo Municipal Lino Balado

O alcalde, Alex Doval, e o presidente da Federación, Rafaél Louzán, na firma do convenio

A Federación farase cargo da redacción e do custo do proxecto constructivo da obra

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde de Oroso, Álex Doval, asinaron este venres día 16 de febrero un convenio de colaboración que dará lugar ao acondicionamento e remodelación do Campo de Fútbol Municipal Lino Balado.

En base a este convenio a Federación comprométese a asumir a redacción e o custo do proxecto constructivo da obra, tal e como xa fixo coa reforma doutras instalacións en distintos puntos de Galicia.

Rafael Louzán destacou “a importancia da colaboración entre as institucións” agradecendo a iniciativa do Concello de Oroso para poñer en marcha este proxecto “que sen dúbida é moi necesario para os equipos de fútbol do concello”. Escola Deportiva Xuventude Oroso e Sigüeiro Fútbol Club serán os grandes beneficiados desta obra que os dous clubs viñan demandando e que agora vai a poder levarse a cabo coa colaboración entre Concello e Federación.

A ED Xuventude Oroso conta con 16 equipos e 264 licenzas, sendo un dos clubs con máis xogadores do fútbol galego. O Sigüeiro, pola súa parte, ten 2 equipos e 63 licencias.

Louzán remarcou que a Federación está aberta a extender esta colaboración a todos aqueles clubs e Concellos que o soliciten, sempre “co obxectivo de mellorar as condicións nas que adestren e xoguen os nosos equipos”.

O alcalde de Oroso, pola súa parte, mostrouse agradecido pola colaboración prestada por parte de Federación Galega de Fútbol.

A reforma do Lino Balado consistirá nun cambio completo do tapete do terreo de xogo que se encontra nunha situación moi deteriorada.

Compartir: