Unha veciña de Sigüeiro acada os 100 anos de idade
Hoxe a nosa veciña de Sigüeiro, Isabel Canabal Barco, únese ao grupo de persoas que chegan aos 100 anos de idade en Oroso.
Nada en Lestedo (Boqueixón), na parroquia de Cachosenande, afincouse co seu marido David Mejuto Ferreiro neste concello no ano 1949, residindo primeiro en Oroso e despois no Portiño.
O alcalde, Alex Doval, en nome de toda a corporación municipal, mándalle unha forte aperta a ela e a toda a familia.