Melloranse as conexións dos servizos de autobús cos hospitais de Santiago para atender os desprazamentos dos usuarios de Oroso

Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
Horarios do servizo de lanzadeira Ordes

Refórzanse os servizos que funcionan como lanzadeira entre a estación intermodal, o hospital Clínico e o de Conxo e mellórase a coordinación dos transbordos para facilitar enlaces aos usuarios de máis localidades
Na conexión con Oroso, créanse dúas novas expedicións, unha de ida con saída de Ordes ás 06,40 horas e unha de volta con saída de Santiago ás 22,20 horas

A Xunta mellora desde o próximo luns, día 25, as conexións dos servizos de autobús cos hospitais de Santiago para atender os desprazamentos dos usuarios dende Oroso.

Para facilitar, principalmente, a mobilidade do colectivo de traballadores sanitarios e ofrecer opcións adecuadas ás quendas de traballo, refórzanse os servizos de autobús que funcionan como lanzadeira para conectar os hospitais e a estación intermodal e mellórase a coordinación para os transbordos nas liñas entre Santiago e Oroso.

Para facilitar os desprazamentos entre Oroso e os hospitais á ida e á volta en todas as quendas de luns a venres, créanse dúas novas expedicións, unha de ida con saída de Ordes ás 06,40 horas e unha de volta con saída de Santiago ás 22,20 horas.

Nos horarios de maior demanda, de luns a venres laborables no cambio de quenda das 08,00 horas e na saída das 14,00 horas, o treito entre a estación e os complexos sanitarios prestarase de xeito independente para os dous hospitais.

  • A liña de Lalín continuará ata o hospital Clínico, levando tamén os usuarios de Oroso
  • Unha lanzadeira conectará a estación co hospital de Conxo, levando os usuarios tamen de Oroso.


A nova configuración cumpre un dobre obxectivo. O primeiro, evitar o percorrido polos complexos sanitarios aos usuarios que non se dirixen aos hospitais (neste momento un 58% baixan ou acceden na estación intermodal). E segundo, permitir o enlace dos servizos con outras liñas para facilitar o acceso dos usuarios dos corredores de Oroso e A Estrada ata os seus hospitais, asegurando a marxe de tempo necesaria para a entrada e a saída nas tres quendas de traballo do día.

O alcalde, Alex Doval, expresou o seu sincero agradecemento á Xunta de Galicia por facer realidade a solicitude de mellora no acceso ao traballo para os profesionais sanitarios de Oroso. Esta colaboración entre o goberno local e rexional exemplifica o poder da acción comunitaria e o compromiso coa calidade de vida dos cidadáns. Agradece tamén a todos os implicados neste logro que beneficia á poboación e ao sistema de saúde local.

Compartir: