O Concello de Oroso licita a actualización da sinalización urbana en Sigüeiro
Faise a través dun convenio coa Deputación da Coruña
As melloras realizaranse en todo o casco urbano de Sigüeiro
O Concello de Oroso licitou a actualización da sinalización urbana en Sigüeiro, a través dun convenio coa Deputación da Coruña.
Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a visibilidade dos puntos máis importantes, con especial énfase nos lugares de interese turÃstico, para facilitar a mobilidade e incrementar a seguridade viaria para todos os veciños e visitantes. A nova sinalización incluirá sinais máis visibles e claros, asà como a renovación das indicacións de tráfico e puntos de interese.
Con esta acción, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora continua da
infraestrutura urbana.