Falece Félix Rodríguez Vieites

Félix Rodríguez Vieites
Corporación municipal no ano 1979 co alcalde Félix Rodríguez Vieites

No día de onte informouse do falecemento de Félix Rodríguez Vieites, o primeiro alcalde de Oroso tras a volta da democracia a España.

Félix Rodríguez Vieites, veciño da Parroquia de Deixebre e perito de profesión, dedicou gran parte da súa vida ao servizo público, sendo un referente na historia de Oroso.

Rodríguez Vieites foi elixido alcalde en 1979, representando á Unión de Centro Democrático (UCD). Durante a súa década de mandato, ata 1989, liderou importantes proxectos para o desenvolvemento de Oroso. Posteriormente, continuou o seu labor como alcalde baixo as siglas de Coalición Galega, sempre coa mesma entrega e compromiso co benestar.

Félix Rodríguez Vieites tamén foi un home de familia, pai de dous fillos, e un profesional respectado. A súa perda deixa un gran baleiro entre os veciños e veciñas que tiveron a sorte de coñecelo e traballar ao seu carón.

O alcalde actual de Oroso, Alex Doval, quere expresar en nome de todo o Concello o máis sentido pésame á súa familia e achegados neste difícil momento.

Descanse en paz alcalde.

Compartir: