Unha veciña de Deixebre acada os 100 anos de idade

Esperanza xunto co alcalde, Alex Doval e o concelleiro de Medio Ambiente, Oscar Rodríguez.

Hoxe a nosa veciña de Deixebre, Esperanza Cao Blanco, únese ao grupo de persoas que chegan aos 100 anos de idade en Oroso.

Nada en Barbeiros (Ordes), casou con Manuel Veiras, veciño de Oroso xa falecido, agora reside na Parroquia de Deixebre onde goza de boa saúde e na que pasea dous kilómetros e vive case sen tomar medicamentos, despois dunha vida adicada a ser labrega.

Nai de José, Jesús e Josefina ca que reside actualmente co seu xenro Ramón ademáis de ser avoa de 8 netos e bisavoa de 7 bisnetos.

O alcalde, Alex Doval, en nome de toda a corporación municipal, mándalle unha forte aperta a ela e a toda a familia despois de afirmar na visita a Esperanza que “da gusto chegar aos 100 anos con esa alegría e con tanta chispa e boa retranca galega”.

Compartir: